Bloqueo na negociación nos Servizos de Prevención Alleo

No día de hoxe delegadas e delegados do sector dos Servizos de Prevención Alleo concentráronse diante de Taprega para reivindicar o bloqueo unilateral do proceso de negociación colectiva por parte das patronais ASPREN, ASPA e ANEPA. Asemade, realizáronse outras concentracións nas cidades de Badajoz, Madrid, Barcelona e Valencia, diante das sedes de outras empresas principais do sector.

Hai 20.000 profesionais afectados polo bloqueo do Convenio, bloqueo que dura 3 anos. Esto tradúcese nun empobrecemento do persoal acentuada pola situación económica actual, mentres o Sector bate récord de beneficios. A esta situación económica súmanse unha carga de traballo excesiva que perxudica a un sector clave no modelo de Prevención de Riscos Laborais no noso país.

Dende UGT se están a utilizar todas as ferramentas dispoñibles: mediática, de protesta e xudicial; a confrontación non vai cesar mentres as patronais non se senten a negociar unhas condicións dignas para un Sector que leva anos inmerso nunha dinámica de precarización.