Bibliotecas en folga. Non son gasto, son inversión

Os traballadores e traballadoras das bibliotecas da Coruña, concentráronse hoxe diante do Concello para esixir que a empresa Servicios Bibliotecarios LTM e o Concello acorden unha solución inmediata que permita que o persoal perciba as pagas debidas e establezcan un procedemento para evitar a precaridade no futuro.

A falta de previsión económica está a perxudicar os salarios das 75 persoas traballadoras, que traballan nas bibliotecas municipais da Sagrada Familia, Ágora, Fórum, Los Rosales, Durán Loriga e o punto bibliotecario de Mesoiro.

Aínda que si cobraron as súas nóminas de xuño, o problema persiste no problema relativo a paga extra de verán, xa que a empresa indica que non ten liquidez.