Aprobado o acordo de Reforma Laboral. ¡Agora SÍ, gañamos dereitos!

Fecha: 03 Feb 2022

Imaxe con diferentes caixas con iconos de persoa e o do medio con icono de dous puños

UGT A Coruña e Cee celebra que triunfase o sentido común e se aprobase hoxe, no Congreso dos Deputados, o acordo de reforma laboral, fruto do diálogo entre os interlocutores sociais e o Gobierno. Un acordo histórico que fixa unha normativa laboral na que, por primeira vez, as persoas traballadoras recuperan dereitos e que, por primeira vez, conta co consenso dos empresarios e dos sindicatos.

 

A nova reforma laboral recupera o equilibrio das relaciones laborais, ó fortalecer a negociación colectiva. Se recupera a ultraactividade dos convenios e, a prevalencia do convenio sectorial sobre o convenio de empresa. Combate a precariedade e temporalidade do noso mercado de traballo, apostando polo emprego fixo e estable, persigue ás subcontratas, que fixeron negocio en base ó deterioro das condiciones laborales; fomenta a inserción dos xóvenes no mercado de traballo, a través dos contratos formativos e aposta pola flexibilidade interna impulsando os ERTES, tipo Covid, frente ós despidos.

O contido deste acordo, que tivo unha negociación longa e moi complexa, obedece ós parámetros esixidos pola Comisión Europea ó Goberno español como condición para conseguir os fondos europeos para a modernización do noso mercado de traballo.

Dende UGT, lamentamos que o acuerdo non fora apoiado e respaldado pola totalidade da Cámara, xa que supón unha vantaxe para o noso país. Con esta reforma laboral gañan os empresarios, gañan os traballadores, gaña a economía e gaña España.

Agora toca o despido

No obstante, UGT señala que este acordo é un punto e seguido e que hai que continuar loitando ata conseguir un mercado laboral máis xusto, seguro, productivo e moderno. Neste sentido, insta a endurecer os despidos: limitando as súas causas e elevando as indemnizacións, porque hoxe pódese despedir por calqueira motivo, a precio de saldo.

O Sindicato pide ó Gobierno que sexa valente e acometa esta segunda parte da reforma laboral e ás forzas parlamentarias progresistas que empurren nesta dirección ata correxir a desregulación total provocada pola reforma laboral do 2012 imposta por o Partido Popular.

Asimismo, o sindicato demanda, entre outras cuestiones, unha reforma das políticas activas de emprego para que sexan máis eficaces e se logre acabar co paro de longa e moi longa duración, e inxectar os recursos materiais e humanos necesarios á Inspección de Traballo para que faga cumprir a actual normativa. Unha normativa evaluable cada certo tempo, tal e como contempla o acordo, para medir o seu grao de eficacia e mellorar os aspectos que sexan precisos.