Alcanzouse un preacordo na negociación do Convenio de Transporte de Viaxeiros para A Coruña
Fecha: 03 Feb 2026
A representación sindical de UGT, xunto coa patronal do sector e CCOO, chegaron a un acordo preliminar na negociación do Convenio de Transporte de Viaxeiros da Coruña, tras un longo e complexo proceso de negociación, marcado por 10 días de folgas apoiadas principalmente polas persoas traballadoras do sector.
Este acordo preliminar é froito directo do esforzo, a mobilización e a firmeza da forza laboral, que sostivo o conflito durante semanas para acadar melloras reais nas súas condicións laborais e salariais.
Os principais contidos do acordo preliminar inclúen:
- Incremento salarial do 3,4 % para os anos 2025 e 2026, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2025.
- Redución da xornada laboral anual a 1.800 horas.
- Un día máis de asuntos persoais, quedando en dous días por ano.
- Plus por xornada continuada para o persoal de condución de 8 €/día.
- Pago adicional por servizo discrecional superior a 12 horas, equivalente ao 60 % do salario base diario.
- Prima de absentismo de 1.000 euros brutos anuais para o persoal de condución cando a taxa media de absentismo da empresa non supere o 6 %.
- Bonificación por traballar en festivos de 35 euros ao día, que se eleva a 65 euros en festivos especiais (24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro).
- 17 días de licenza por lactación acumulada.
- Comunicación dos días de traballo e descanso con 12 días de antelación para os servizos regulares.
- Inclusión de normativa específica para o persoal de acompañamiento, un colectivo altamente feminizado que antes non estaba amparado polo convenio, dotándoo por primeira vez dun marco normativo propio.
- Implantación dun protocolo de desconexión dixital, reforzando o dereito ao descanso e a conciliación da vida laboral e persoal.
Durante o conflito, incoáronse expedientes disciplinarios contra as persoas traballadorss por exercer o seu dereito de folga. UGT solicita expresamente o sobresemento destes expedientes, entendendo que a súa retirada é condición necesaria para avanzar cara a un acordo final.
Segundo o acordado, este acordo preliminar someterase a votación en urna, para que todas as persoas traballadoras do sector poidan decidir libre e democraticamente se aceptan ou non o contido do acordo, antes da sinatura do texto definitivo do acordo.
Desde UGT valoramos positivamente os avances acadados e reiteramos que nada disto tería sido posible sen a loita colectiva e a mobilización sostida da forza laboral.