Alcanzado un preacordo para renovar o Convenio Colectivo da hostalaría da Provincia de A Coruña

Na reunión de mediación celebrada polo Consello Galego de Relacións Laborais alcanzouse o acordo que afectará a máis de 20.000 persoas traballadoras na provincia de A Coruña. O Convenio que será de aplicación para a hostalaría e os hoteis da provincia terá unha subida salarial dun 11.75% nos 3 anos de vixencia, así como unha cláusula de actualización que actuará o final de este dependiendo do IPC que se acumule nestos 3 anos.

O preacordo que adapta a ultraactividade do Convenio á lexislación actual contén tamén outras reivindicacións da parte social, como a regulación dos fixos descontinuos, os cales terán un periodo mínimo de chamamento de 5 meses, con 15 días mínimo de antelación e a consolidación do 50% da xornada que supere os 5 meses nun periodo de 2 anos.

Por primeira vez este Convenio regula os coñecidos ata agora como “extras”, definindo os eventos para os que poden ser contratados, a rotación proporcional e equitativa das persoas contratadas nesta modalidade.

Establécese como obrigatoria que as Empresas teñan un mínimo dun 65% do persoal con contrato fixo. Introdúcese un texto para regular a desconexión dixital. Se regula a externalización, obrigando a aplicar o salario do Convenio ás camareiras de pisos independientemente de que sexan contratadas por unha empresa externa, a partir do 1 de abril do 2023, o cual é unha reivindicación histórica do sector.

No preacordo introdúcese unha regulación que dará preferencia ás persoas contratadas a tempo parcial á hora de acceder a vacantes indefinidas e temporais a tempo completo. Tamén se establece a consolidación do salario das personas que traballan como axudante de camareiro ou axudante de cociña cando realicen traballos de categoría superior. Inclúese no apartado de categorías a figura do “repartidor” que ata agora non estaba reflexada no Convenio.

Introdúcese a obrigación das Empresas de impartir formación adecuada en tempo de traballo ás personas traballadoras deste sector, así como unha compensación de 20€ mensuais (300 anuais) en caso de que a Empresa non acredite dispoñer de dita formación.

O Sº Xeral da Federación de Servicios, Movilidad y Consumo de UGT en A Coruña, Juan Manuel Carreira García manifestou que “a firma deste preacordo da carpetazo á situación sufrida derivada da pandemia padecida polo sector da hostalaría e os hoteis, a cual afectou tanto ás Empresas como ás persoas traballadoras e aposta polo futuro do sector”, “ esperamos cambiar con este preacordo a tendencia deste sector e facelo máis atractivo ás persoas traballadoras, por exemplo este acordo supón unha subida salarial de aproximadamente 1400€ en 3 anos para a categoría de camareiro”, por outra parte manifesta que “non era de recibo a situación de discriminación que padecían as camareiras de pisos que non se lles aplicaba o convenio ó traballar en empresas externas, cobrando o SMI, agora a partir do 1 de abril de 2023 teñen que aplicar o salario do convenio”, así mesmo Juan Manuel Carreira comenta que “foi decisiva a labor do mediador proposto polo Consello de Relacions Laborais para alcanzar este preacordo”.