Agora toca mellorar os salarios e o acceso á vivenda
Aínda que o paro rexistrado aumentou, debemos valorar os datos positivamente
Fecha: 05 Out 2026
Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social de setembro rexistran, como sucede sempre neste mes, un descenso das persoas afiliadas e un aumento das persoas paradas respecto a agosto. Unha tendencia estacional propia do mes.
O número de persoas rexistradas na Coruña como desempregadas nos servizos públicos de emprego aumentou en 1.129 este mes, o que eleva o total a 45.043. Mentres tanto, en comparación cun ano atrás, o desemprego rexistrado aumentou un 0,43 %, o que representa 194 persoas máis.
En canto á afiliación á seguridade social, obsérvase o mesmo patrón estacional. O aumento mensual de 2.394 persoas explícase pola habitual redución da actividade. En consecuencia, o número medio de persoas afiliadas para este mes sitúase en 491.435. En termos anuais, hai 11.822 persoas máis afiliadas á Seguridade Social, o que representa unha taxa de creación de emprego do 2,46%.
En canto á contratación, este mes rexistráronse un total de 32.642 contratos, dos cales 10.719 son indefinidos, o que representa o 32,83 % do total de contratos.
A situación do emprego vese empañada ademáis pola suba dos prezos e a situación de emerxencia habitacional que vive o país, o que está a dificultar que moitas persoas, pese a traballar en condicións estables, teñan serias dificultades para chegar a fin de mes.
Para que o emprego sexa de calidade, debe estar ben remunerado e os salarios deben crecer en consonancia co crecemento da economía e o aumento dos prezos. Subir os salarios tamén é esencial para abordar a grave crise da vivenda que azouta o noso país e que afecta especialmente á xente nova. Non poden saír das casas dos seus pais nin construír un futuro porque os seus salarios son insuficientes para cubrir os pagos do alugueiro ou da hipoteca.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En setembro rexistráronse un total de 45.043 persoas en situación de desemprego, 1.129 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro aumentou en 195 persoas (0,43%).
- Neste mes hai 613 homes e 516 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a agosto. En termos anuais, o paro aumentou en 299 homes e diminuiu en 105 mulleres. As mulleres representan o 59,13% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas son 2.148 en setembro, o que supón un aumento de 305 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en agosto. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 255 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas aumentou en setembro en 558 persoas; chegando a un total de 5.141 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 1.317 persoas estranxeiras desempregadas.
- A información por sectores amosa un aumento de 1.129 persoas paradas. Se produce un aumento de 400 persoas no colectivo sen emprego anterior, 21 persoas no sector do agro, 53 persoas na industria, 683 persoas no sector de servizos e una diminución de 28 no sector da construción.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 2.394 persoas en setembro, ata alcanzar unha media de 491.435 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 32.642, dos cales 10.719 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de xullo sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 32,83%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un aumento de 142 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.739 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 31 persoas (1,75 %). En todos os Concellos rexístrase un aumento do paro, sendo máis acusado nos Concellos de Dumbría (35 persoas) e Fisterra (27 persoas).
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 315 persoas (son 23.084 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro aumentou en 159 persoas (0,69%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Culleredo (11 persoas) e Carral (4 persoas). Rexistrándose un aumento de paro maior nos Concellos de Arteixo (61 persoas) e A Coruña (57 persoas).