Agora toca avanzar cara o pleno emprego

Mellorar as condicións dos contratos e avanzar na protección das persoas traballadoras

Fecha: 07 Mai 2024

Persoas paseando pola rúa

Os datos do paro rexistrado do mes de abril, publicados polos Servizos Públicos de Emprego, amosan unha evolución positiva do emprego.

O número de persoas en situación de desemprego redúcese en 1.240 con respecto ao mes anterior, o que supón un total de 50.129 persoas desempregadas. Con respecto ao ano anterior, hai 5.956 menos. Pola súa banda, a afiliación crece en 3.265 persoas, así, ésta sitúase en 465.745, 11.810 máis que o ano pasado.

Así, máis de dous anos despois da entrada en vigor da reforma laboral de 2021, o emprego segue medrando con forza e, ademais, segue facéndoo mediante contratos indefinidos. En concreto este mes asináronse un total de 24.329 contratos, dos que 8.319 son indefinidos.

Agora, porén, é o momento de mellorar as condicións nas que se realizan estes contratos, avanzando na protección das persoas traballadoras e garantindo o seu dereito a percibir unha indemnización por despedimento axeitada, con carácter disuasivo e compensatorio, tal e como recolle a Carta Social Europea. Un aspecto que UGT informou ao Comité Europeo de Dereitos Sociais e cuxa resolución aínda non se fixo pública. 

Hai que abordar os retos pendentes

Por último, cómpre abordar o desemprego de longa duración, unha cuestión que apunta directamente á ineficacia das Políticas Activas de Emprego, e en particular á inexistencia de Servizos de Emprego capaces de mellorar a inserción de persoas desempregadas, especialmente as dirixidas á orientación profesional.

A este respecto, o recente Real Decreto polo que se regula a Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego e servizos garantidos, aprobado o pasado 30 de abril sen Diálogo Social, non dá unha resposta acorde á situación, xa que non establece efectivamente a obrigatoriedade da prestación destes servizos por parte de todas as administracións territoriais: non regula o seu contido en detalle, nin establece un plan de actuación que permita o seu cumprimento no tempo, entre outras cuestións. Ademais, para garantir a súa prestación, é necesario aumentar o número de persoas que realizan estes servizos e mellorar as súas condicións de traballo, así como garantir que o seu financiamento teña carácter definitivo, garantindo o seu debido cumprimento e non suxeito ás decisións e necesidades de cada SPE.  

Para UGT, acabar co paro estrutural é un paso imprescindible para avanzar cara ao pleno emprego na economía, facendo posible que toda a clase traballadora, e especialmente as persoas máis vulnerables, se beneficien dos froitos da actual etapa de expansión económica mesmas oportunidades. Un obxectivo ambicioso, pero que se fixo realista grazas á intensa creación de emprego de calidade e á fortaleza que está a mostrar a economía española, aínda a pesar do adverso contexto internacional.  

Datos principais na Provincia da Coruña

- En abril rexistráronse un total de 50.129 persoas en situación de desemprego, 1.240 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 5.956 persoas (- 11,88%).

- Neste mes hai 650 homes e 590 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a marzo. En termos anuais, o paro feminino baixou en 3.680 mulleres e o masculino en 2.276 homes. As mulleres representan o 58,29% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 1.915 en abril, o que supón unha diminución de 170 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en marzo. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 311 menores de 25 anos desempregados menos.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de parados rexistrados diminue en marzo en 121 persoas; chegando a un total de 3.914 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 53 persoas estranxeiras desempregadas menos.

- A información por sectores amosa unha diminución de 1.240 persoas paradas. Se produce unha diminución en todos os sectores: 126 persoas no colectivo sen emprego anterior, 42 persoas no agro, 109 na industria, 107 persoas no sector da construción e de 856 no sector servizos.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 3.265 persoas en abril, ata alcanzar unha media de 465.745 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 24.329, dos cales 8.319 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de abril sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 34,19%.