Acordo no metal da Coruña e desconvocatoria de folga

UGT FICA valora a acordo, tras semanas de intensas negociacións e o apoio dos traballadores e traballadoras do sector con seguimentos masivos de todas as convocatorias de folga

Fecha: 30 Xuñ 2026

Imaxe dunha concentración previa do metal

Tras varias xornadas de folga e mobilizacións nas que os traballadores e traballadoras do sector do metal da provincia da Coruña implicáronse masivamente e despois de semanas de intensas negociacións entre os sindicatos e a patronal, chegou, tras a cuarta reunión de mediación do AGA o luns 29, o preacordo para o novo convenio colectivo.

Preacordo que foi respaldado polas asembleas de traballadores e traballadoras do metal da provincia da Coruña. O que levou á desconvocatoria das xornadas de folga programadas de cara a finais do mes de xuño e comezos de xullo.

Así, o novo convenio terá unha vixencia de catro anos, dende 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2029.

Os incrementos salariais serán do 5% para este ano; 3% para o 2027 e 2028; e o 4% para o 2029.

A isto súmaselle a revisión do IPC sen tope e elimínase a cláusula de revisión por cruce do IPC que operaba. Ademais, hai que aclarar que a revisión terá efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2026, xerándose, polo tanto, os atrasos correspondentes.

En canto á xornada, prevese unha redución paulatina. No 2026 fíxase en 1.752 horas; en 1.744 para o 2027 e 2028; e xa no 2029 en 1.740. Ademais, os días 24 e 31 de decembro terán a consideración de non laborables, agás servizos excepcionais.

As vacacións a partir do ano 2027 serán de 25 días hábiles e se a empresa obriga a collelas fóra do período previsto terá que aboar 120 euros.

O texto acordado recolle outras melloras como unha garantía de 6 meses de traballo para o persoal fixo-descontinuo; melloras na regulamentación dos chamamentos; as empresas deberán manter un cadro de persoal fixo mínimo do 75%; impúlsase a contratación indefinida e regúlase o uso das ETT; regulación dos desprazamentos e do tempo efectivo de traballo; melloras nas indemnizacións dos contratos temporais; actualización dos importes en dietas e desprazamentos; e melloras na regulación dos permisos e licenzas.

Dende UGT FICA valórase este acordo que ten detrás moitas horas de traballo sindical e un gran esforzo e compromiso por parte dos traballadores e traballadoras do sector, sen os cales este novo convenio non sería posible.