Abai en loita polo deterioro das condicións laborais

No día de hoxe as persoas traballadoras en Abai Business Solutions convocaron unha folga de 24 horas. Así mesmo, realizaron unha manifestación polas rúas de Matogrande baixo o lema " Abai e Movistar terrorismo laboral”.

Dende a adquisición de Extel por parte de Abai, o persoal está a sufrir un progresivo deterioro das condicións laborais, todo isto, mentres a mercantil anuncia ingresos millonarios na prensa.

A dirección da empresa nas últimas semanas despediu a 15 persoas, ademáis de propiciar un incremento inhumano da carga de traballo, acompañado por unha ola de presión e a pretensión de recortar os sistemas de retribución variable.

O 15 de xuño, a empresa comunica á representación legal das persoas trabajadollas que deixaba de prestar o servizo de rastreo da Xunta, sin aclarar o motivo da finalización da campaña, a pesar de que o contrato tiña unha vixencia inicial dun ano, cun presuposto que segundo a prensa ascendía a case 14 millóns de euros. O servizo caracterirouse por contratos precarios (a tempo parcial e temporais) e por unha organización caótica, que implicou a vulneración dos dereitos laborais das personas traballadoras, así como retrasos nos pagamentos dos finiquitos.

Ademáis, a empresa está a recortar os sistemas de incentivos, o que significa unha perda sustancial do poder adquisitivo para parte das persoas traballadoras, nun sector maiormente feminizado e que leva máis de dous anos ca negociación do convenio colectivo bloqueado.

Esta situación está a perxudicar a saúde do cadro persoal, formado por más de 600 personas traballadoras.