24 personas morreron en accidentes de traballo na nosa provincia en 2023

UGT demanda un cambio profundo da Lei de Prevención de Riscos Laborais e garantías para o seu cumprimento

As cifras de sinistralidade laboral en 2023 reflicten un aumento con respecto ás rexistradas en 2022. O número de accidentes con baixa rexistrados no 2023 ascenden a 13.165, 556 máis que o ano anterior; dos cales 11.945 acontecederon durante a xornada laboral e 1.220 en intinere. No ano pasado, perderon a vida dúas persoas máis que no ano 2022.

Estos datos insoportables, polo que UGT esixe cambios normativos en profundidade da Lei de Prevención de Riscos Laborais, e da súa normativa de aplicación, que se acorden na mesa de diálogo social que se abriu a principios desta semana, pero é tamén necesario establecer garantías de cumprimento desta normativa. De nada serve ter unha Lei avanzada se non se garante o seu cumprimento por parte das empresas.

Máis recursos e investimento en prevención

Neste sentido, o sindicato propón que se habiliten as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como “auxiliares ou colaboradores” da Inspección de Traballo no cumprimento preventivo, cando se produzan situacións que constitúan infraccións graves ou moi graves.  

Paralelamente, UGT segue reclamando un incremento dos medios humanos e materiais para a Inspección de Traballo ata acadar a ratio dun inspector por cada 10.000 persoas traballadoras, deste xeito se pode incrementar o número de visitas ás empresas e controlar así o cumprimento da normativa preventiva.

Os lugares de traballo sindicalizados son centros máis seguros

Ademais, deben realizarse cambios normativos para adaptar a lexislación en materia preventiva ás novas realidades do mundo laboral, así como mellorar a xestión preventiva, pór fin á comercialización dos servizos de prevención e dotar á norma dunha perspectiva de xénero, promover a regulación da xestión preventiva dos riscos psicosociais, buscando protexer a saúde mental das persoas traballadoras e promover o recoñecemento das patoloxías asociadas á exposición a estes riscos.

O sindicato considera fundamental crear unha figura similar á do Delegado Territorial de Prevención de Riscos Laborais a nivel estatal, xa que é unha realidade que os centros de traballo sindicalizados son centros máis seguros. A creación desta figura axudaría a mellorar a PRL nas pemes do noso país que non teñen representación sindical. Así mesmo, é fundamental que se lles recoñeza o crédito horario aos delegados de prevención.